30 de xan. de 2014

MES DA PAZ

Este mes estivemos mirando a través de fotografías de persoas que viven en diferentes lugares do mundo, como é a sua vida, roupas, espacio no que se desenvolven, obxectos importantes para as súas vidas, etc. Observamos e eleximos coa que nos sentiamos máis identificados. Estas son algunhas das fotografías que estivemos a disfrutar estes días, e como nos gustaron moito queremos compartirlas con vós.






IDEAS DOS NENOS E NENAS DO RIBEIRO PARA MELLORAR O MUNDO:

 MELLORAR  AOS MAIORES.
 XOGAR CON TODOS E TODAS.
 QUE CANDO HAI CONFLICTOS NON PELEXEMOS SENÓN QUE FALEMOS.
 QUE A XENTE NON PELEXE.
 DEIXAR VESTIR ÁS MULLERES COMO QUEIRAN.
 IR CON COIDADO COS CABALOS.
 FACERLLE MÁIS CASO A MAMÁ E PAPÁ.
 CANDO CAMIÑAS POLA ESTRADA IR DA MAN DUN MAIOR.
 NON PORTARSE MAL E OBEDECER AOS MEUS PAIS.
 COMER TODA Á COMIDA DO PRATO.
 NON ESCAPAR  Á CARRETERA.
 APRENDER A SEPARARSE DE MAMÁ .
 XOGAR CO MEU AMIGO ÁNGEL.
 CHEGAR TEMPRANO Á ESCOLA.
 FACENDO CASTELOS DE PEDRA.
     TER MOITOS AMIGOS E AMIGAS.
 QUE MAMÍ NON ME MOLESTE CANDO ESTOU DEITADO, PORQUE XA ME PODO ESPERTAR EU SÓ.
        ESTAR COS MEUS AMIGOS  E ARRANXAR O QUE SE ROMPE.
        QUE AS MULLERES NON TEÑAMOS QUE VESTIR ROUPA QUE NOS OPRIMA.
        ESTAR CO MEU PAI CANDO VOLVE DO MAR.
        O SACHO.
        QUE MAMÁ E PAPÁ NON ME PEGUEN NO CÚ.
        ESTAR MENOS TEMPO COA TABLET.

E TI?

COMO PODES MELLORAR O MUNDO?

Ningún comentario:

Publicar un comentario