18 de nov. de 2025

REINO FUNGUI 🍄‍🟫🍄

 Hoxe en relación ao outono e os seus elementos presentamos os fungos. Para iso partimos do libro Reino fungui achegándonos así aos libros informativos. Gracias a él descubrimos as súas partes, algunhas das súas funcións como a transmisión de información entre árbores, as súas diferentes formas de presentación….

Para poder adquirir esta información de xeito máis significativo acompañamos o libro de varias propostas: 

- Observación co microscopio dun champiñón identificando as súas partes.

- Experimento, deixamos unha cebola nun recipiente para ir observando a súa evolución e a aparición de fungos tal e como tamén se recolle no libro. 

- Identificación de fungos que empregamos na cociña (cogumelos, champiñóns, levadura…) 

- Elaboración dunha receita, revolto de champiñóns para degustalos nunha merenda de outono saudable. Traballando sobre a autonomía. Aproveitamos para escribirla fomentando o achegamento da lectoescritura con vocabulario próximo e significativo. 

- Creación artística de fungos, traballando habilidades de psicomotricidade fina co modelado e creatividade. 

- Nestes días buscaremos fungos polo patio dando continuidade a esta proposta. 

Unha experiencia moi completa 









4 de nov. de 2025

OBRADOIROS OUTUBRO

A continuación deixamos a documentación dos obradoiros realizados no mes de outubro aproveitando o apoio de profesorado e o traballo en pequeño grupo. 

En canto a LOXICA-MATEMÁTICA centrámonos na clasificación atendendo a diferentes atributos e o conteo e recoñecemento da tira numérica. Estes aspectos requiren dun pensamiento lóxico e grao de abstracción complexo polo que o obradoiro debe ser repetido no tempo para colaborar a súa interiorización. Ademais centrámonos nos experimentos e en xeral o proceso experimental e todas as habilidades que inclúe, aproveitamos así para avanzar no desenvolvemento do proxecto anual que centra o itinerario nos pigmentos naturais. 

En canto a LECTOESCRITURA foi traballada dende o eido sensorial e en relación aos experimentos ofrecendo así relación entre ambas áreas cun aprendizaxe globalizado. Non nos esquecemos de en cada actividade deixar espazo para a creatividade, iniciativa persoal e liberdade. 






MERENDAS DE SAMAÍN

 Aproveitamos o samaín como elemento motivador para a alimentación saudable e o consumo de froitas. Ademáis pudieron desenvolver a súa creatividade e arte na cociña.

- Hummus de remolacha

- Plátanos pantasma

- Bocas de mazá 

- Monstruos de kiwi e uvas

- Cabazas mandarinas


 













SAIDA CAMPOLAMEIRO

 Taller de cerámica, visita ao museo, visita de poboado, visita de petroglifos, elementos naturais para arte rupestre, moito xogo, bosque e aire libre e comidas compartidas. Toda unha experiencia para desfrutar!