29 de abr. de 2025

Visita ao helicóptero!

 Onte fomos a visitar a brigada Helitransportada, encantounos ver o helicóptero, subir nel...así como ver tamèn os camións dos brigadistas. 

Coñecimos a labor que realizan estes profesionais, unha labor de gran importancia  para o coidado do noso planeta.

















24 de abr. de 2025

ARTE E LECTOESCRITURA

 Estamos a piques de despedirnos de Mariña, esperamos que ela desfrutase do seu practicum tanto como nos da sua axuda e compañía. 

Durante este tempo, estivo desenvolvendo na aula unha serie de propostas do seu traballo de fin de grado que combinan arte e lectoescritura, velaquí deixamos algún exemplo de este enfoque motivador ao mesmo tempo que respectuoso cos diferentes ritmos de aprendizaje. Ademáis ultilizou como fio conductor o poemario de Tinta de luz de Pepe Cacamo e Berta Cácamo, presoeiros moi ligados a nosa escola. Gracias Mariña por ensinar a nenos, nenas e profes ♥️. 

- Elaboración de papel reciclado 

- Creación dun recuncho na aula con material manipulativo e sensorial (trazos, cores, papeis…) 

- Obradoiros inspirados en dous poemas nos que: escoitar o recitado, descubrir verbas “ocultas” do poema, descifrar códigos, representar gráficamente o poema, inventar palabras novas (como o nome das cores)…. Co cal traballou de forma simultánea con: mestura de cores, realización de hipoteses, retos de psicomotricidade fina, control motriz, expresión oral, belleza artística, conteo e matemáticas….

- O nome e as nosas iniciáis: busca das nosas letras pola aula,asociación nome-grafía, pintura, uso significativo do papel reciclado…. 

- E Ainda nos queda o peche final. 

















VISITA POLICÍA LOCAL

 Hoxe visitounos Javier, falounos da sua labor, da gran axuda que poden ofrecer na sua profesión, por exemplo se nos perdemos nunha multitude. Tamén nos falou da seguridade vial e da importancia de ir nos vehículos con sistema de retención infantil. O mellor foi as luces e serea, sen dubida. 











11 de abr. de 2025

OUTROS MOMENTOS VIVIDOS

 A maioria das experiencias e aprendizaxes non deixan pegadas en papel. As mellores aprendizaxes fanse xogando.