A escola de Pousada, forma parte do C.R.A plurilingüe de Vilaboa, Consuelo González Martínez.
- HOXE NA ESCOLA
- PROXECTO DA AUGA
- PARA ÁS FAMILIAS
- SAMAÍN
- FESTIVAIS
- CONTOS
- PROXECTO EMOCIÓN-ARTE
- PROXECTO: O NOSO CORPO
- NADAL E OUTRAS CELEBRACIÓNS
- OS CASTELOS
- COÑECE A NOSA ESCOLA
- DIVERSIDADE E EDUCACIÓN EN VALORES
- QUÉ ANIMALADA!
- EDUCACIÓN AUDIOVISUAL
- PROXECTO:ABELLAS
- PROXECTO DA PREHISTÓRIA
- PROXECTO DO UNIVERSO
- PROXECTO ÁFRICA
- Aproximación á LECTOESCRITURA
28 de maio de 2020
27 de maio de 2020
CURIOSIDADES DAS PLANTAS
Esta é a árbore do Tule, ten o diámetro máis grande do mundo. Está en México así que xa sabedes quen nos enviou as fotos 😉
26 de maio de 2020
TABOAS CROMATICAS
Pon unha marca nas cores de cada flor na cor correspondente.
Cantas cores ten cada flor?
Descubre se hai flores de todas ás cores?
Que cor é o máis abundante?
25 de maio de 2020
24 de maio de 2020
FICAMOS na CASA: 6 semana
Outra volta estamos chegando ao final da folla do calendario. Quen o estea,,, a facer decatarase de que estamos rematando Maio florido.
Lembrades os chuchameles, as vinagreiras e as cores das flores dos paseos?
Sabiades que as flores teñen pole nos seus estames e que para reproducirse precisan que lles boten unha man os paxaros, as abellas, as bolboretas e outros insectos, ademais da auga e o vento?
Se observades as flores, comprobaredes que teñen cores moi vivas. Os insectos, atraídos pola intensidade da cor da flor, van onda ela para chuchar o néctar, alimento doce; nos seus corpos queda pegado o pole e lévano a outra flor, axudándolle así a súa reprodución. Tamén o vento leva polo aire o pole e axuda á propagación das especies.
Podedes mirar o enlace que hai no blog do Día Mundial das Abellas -20 de Maio- para comprobar o necesarias que son para o ciclo da vida.
Agora podemos desfrutar da textura das flores: da suavidade das pétalas dos botóns de ouro ou da aspereza das flores do cardo. Non esquezades que para sentir plenamente co tacto é preferible manter os ollos pechados, pois a sensación é mais intensa. Pero abriremos os ollos para percibir o arco cromático do universo das flores e as súas singulares e variadas formas.
Pensades que hai plantas con flor que non precisan terra para vivir e que nacen no aire? E plantas con flores que nacen e se reproducen na auga? E nas rochas, nos muros, nos areais...haberá ou non plantas con flor? A avea e o orxo son gramíneas?
Para saber máis:
A botánica Mary Agnes Chase (1989-1963) está considerada como a mellor Agrostóloga (experta en gramíneas) do mundo. Escribiu e ilustrou un primeiro libro sobre gramíneas onde explica para principiantes a súa estrutura. Mary chamou gramínea á planta que suxeitao chan e descubriu que gramíneas eran mellores para alimentar o gando. Identificou milleirosde especies de gramíneas por todo o mundo. A súa casa de Washintong D. C., chamada Casa Contenta, converteuse nun lugar para a formación das botánicas latinoamericanas.
O botánico sueco Carlos Linneo legounos un sistema para nomear as especies, que aínda está en uso, despois de 300 anos do seu nacemento.
Pensamento de Mari Curie: conéctate cunha persoa adicada á ciencia, e estaraste a conectar cunha crianza.
22 de maio de 2020
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)























