10 de abr. de 2018

UN MAR DE ESTRELAS

Ás veces cando o mar está en calma, na noite, podemos ver as estrelas no mar.


Picamos o noso mar e despois vimos o que sucedía se o poñiamos na mesa de luz.

8 de abr. de 2018

XEOMETRIA cotidiana

A xeométrica está presente no día a día , só precisamos observar e calquera elemento nos leva a experimentar coas formas.
Con esta actividade aparentemente tan sinxela realizase un traballo de motricidade fina, observación e creación dunha figura xeométrica, atención e percepción visual.

7 de abr. de 2018

UN MAR POR DESCUBRIR

Saímos de Terra Africana cara o mar, moito por descubrir e coñecer.
Iniciamos o PROXECTO con esta instalación artística que estará temporalmente nun espacio común para que podamos visítala de cando en vez. Moito por descubrir nesta nova aventura.