2 de mar. de 2017

OBRADOIRO SENSORIAL DE DEBUXO

A LUZ E A ESCURIDADE.
No obradoiro sensorial vivenciamos unha nova posibilidade:  debuxo na escuridade. 
A pantalla de leds e os rotuladores fluorescentes resultan ser  unha atractiva posibilidade de expresión.




1 de mar. de 2017

O NOSO PLANETA FAVORITO

O CICLO DA VIDA NO RIBEIRO

O mércores ao chegar á escola topamos aboiando na tona da Charcauga un peixiño branco e laranxa ao que Uxía chamou Laranxal.
Non sabíamos o que lle pasara e decidimos enterralo ao pé do Loureiro onde ficaba a merliña do ano pasado.