29 de out. de 2013

FROITAS DE OUTONO

Distribuidos en grupos eleximos diferentes tarefas: reconto de froitas, anotación das cantidades,observación , selección , preparación, elaboración de distintos zumes e batidos e posterior degustación de froitas, batidos e zumes. Este ano a elaboración do mosto non foi manual pero ainda mantivemos o etiquetado tradiccional. Unha experiencia chea de sensacións e aprendizaxes que compartimos con vos.

25 de out. de 2013

QUÉ PODEMOS FACER?

Cando entramos no aula habia catro mesas preparadas deste xeito. Qué podemos facer con todo isto?







17 de out. de 2013

O NENO ANTE OS TEXTOS

Aquí tendes máis información sobre a visión constructivista. http://www.educarm.es/lecto_escritura/curso/02/02teoria.pdf

O NACEMENTO

Estes días estivemos a falar do nacemento e do embarazo,despois de ler o conto " O embigo de Xanecas", aínda que teñen moita información precisaron dun apoio visual polo que aquí tendes unha animación do parto natural, para que a miren as veces que precisen.

16 de out. de 2013

MEDIDORA

Como cada ano, chegou o momento de medirnos e descubrir o que crecemos este verán. Sorpresa!. Este é o rexistro que facemos. Os polbiños tiveron que buscar a sua medidora e aínda costou un pouco escoller a axeitada.









15 de out. de 2013

AMBIENTE ALFABETIZADOR

QUÉ É UN AMBIENTE ALFABETIZADOR?. É un espazo que ofrece as condición necesarias para potenciar a aprendizaxe da lingüa escrita, provocando situación nas que a decodificación da lingua escrita ou uso da escritura sexa necesaria, e dicir, teña un uso funcional. Un ambiente alfabetizador pon o código escrito nas mans dos nenos e nenas e permite que interactuen con distintos tipos de textos (revistas, xornais, nomes propios, contos,notas, listados, etc).