21 de maio de 2013

XOGUETES CON MATERIAL DE REFUGALLO


Esta é unha pequena mostra dos xoguetes que formaran parte da Exposición de Xoguetes que estará aberta ao público a partires de mañán, na Casa da Cultura de Riomaior.

Grazas ás familias pola vosa colaboración!.



NAI-CONTACONTOS

 


 Lupe contounos o que xa é un clásico, "Cocorico" e disfrutamolo como se fose a primeira vez.
 Grazas, Lupe!.

19 de maio de 2013

OS SACAPENAS

Despois de ler o conto " Os Sacapenas" iniciamos unha conversa na que todos e todas contaron ás suas preocupacións:
Polbiños:
A: a que apareza un neno e lle de puñetazos como cando vivía noutro lugar.
S: aos pesadelos.
X: a que mamá chore porque pode pillarme un coche ou porque teña sangue, ainda que mamá dime que non chore.
D: a que a miña nai morra.
Peixiños:
P: a andar coa bicicleta e morrer.
N: a que non me queiran.
I: as gaivotas.
A: a perder un pitiño da galiña.
N: aos páxaros xigantes.

Golfiños:
M: a quedar no mundo só e morrer.
J: as pantasmas.
I: Cando mamá estivo no hospital, estaba preocupado por ela.

Como vedes os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos teñen preocupación por temas importantes na vida .Ainda que parece que nos sobresalta que teñan preocupacións sobre a morte e a enfermidade non debemos sentir angustia ante esas dúbidas xa que forman parte do noso crecemento como personas, dun crecemento saudable e normal.

:

Despois de falar e escoitar as reflexións do grupo nos dispuxemos a elaborar un sacapenas co fin de gardar esa pena ou preocupación dentro dela e pola alegría coa que traballaron na sua elaboración parece que xa empeza a ter o seu efecto.

18 de maio de 2013

ENTRENAMOS PARA O CROSS



Hoxe, 19 de Maio asistiremos ao Cross ao que nos invitou o CEP Riomaoir. Como todos quixemos entrenar fixemos algunhas carreiras na escola, e tivemos un experto cronometrador que revisou as nosas marcas e animounos a todos e todas a melloralas. Aprendemos a sair e correr limpamente, a animar a todos e todas as compañeiras e compañeiros e a facelo o mellor que podemos, que é o verdadeiramente importante.

ROBERTO VILAR BOLAÑO



 Roberto Vilar Bolaño naceu en Santiago de Compostela en 1970 e faleceu na mesma cidade en 2002. Formou parte do "Grupo Abrente".  Foi un home de teatro, comprometido co país e coa língua galega, caracterizando a sua produción pola experimentación estética e o diálogo coa tradición.
Traballou en todos os ámbitos da produción teatral: direccion, actor, guionista, iluminador,etc.
Asúa forte personalidade deixou pegada nos dramaturgos máis novos pois a sua figura e obra foron fundamentais na construcción dun tearo nacional galego.

Os nenos e nenas de Pousada achegaronse á sua figura e estas son algunhas das suas producións:  coa nariz de paiaso que dicia poñer para "molestar", co seu chapeu tan caracteristico, do que nunca de desfacia e no teatro.

Lembrade que o Festival das Letras Galegas o celebramos o venres, 25 de maio.