Hoxe puidemos desfrutar dunha xornada na BiblioCRA, do seu espazo e os seus recursos, aproveitando tamén para traballar a formación de usuarios. As actividades realizadas foron:
- Diálogo e reflexión sobre normas da BIBLIOCRA, elaborando logounha delas en papel.
- Obradoiro de creación con lapis 3D en CRAcreando #Poloscreativos
- Xogos de mesa
- Xogo constructivo con legos en CRAcreando #Poloscreativos
- Desfrute de libros e contos empregando os marcadores de lugar para cumplir coa organización.
- Arte con imaxes de natureza, aproveitando para dialogar e reflexionar sobre elas, os seis coidados, boas e malas prácticas...
- Creación audiovisual con croma (o resultado nuns días! -infa queda a edición-)
- Creación de carnés axudantes de Brincacontos. Xa somos BiblioteCRArios.
- Dramatización como axudantes de Brincacontos, aprendendo a prestar e devolver libros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario