17 de feb. de 2024

Fareleiro e Oleiro!

Onte celebramos na escola dúas tradicións do Entroido de Xinzo: o Fareleiro e o Oleiro. Descubrimos que no Fareleiro a xente divertìase lanzando fariña, así que coma no cole non tiñamos e queríamos celebralo tivemos que saír ao supermercado do pobo e comprar os paquetes necesarios, para ISO tivemos que ir tranquilos, agarrados dos nos compañeros, mirando e prestando atención para cruzar a estrada, entrar no súper utilizando as formas de cortesía e pedindo os productos necesarios. 

Unha vez na aula contamos os paquetes que compramos e.......logo Unha vez no patio con todo organizado desfrutamos dun anaco moi divertido, primeiro lanzando fariña e logo lanzando as olas de barro que fixeramos  na semana de entroido representando o Oleiro.
































 

Ningún comentario:

Publicar un comentario