28 de feb. de 2024

A MELLOR SOPA DO MUNDO

 O inverno está a piques de rematar, antes decidimos facer un obradoiro no que mesturar psicomotricidade fina, grafismos, control, creatividade e experiencia sensorial xogando con escuma. Aproveitamos para falar da súa cor e de como nos recordaba a neve. 

Así converteuse no escenario idóneo para facer unha actividade de animación á lectura. Escoitamos o conto da mellor sopa do mundo mentres o representábamos cos animais e ingredientes. 

Agora o escenario tamén quedará como parte da nosa biblioteca, permitindo así que o alumnado de xeito autónomo se achegue e traballe a expresión oral, o vocabulario, estructuración de frases, cree, imagine, entre outras. 


































Ningún comentario:

Publicar un comentario