Con tanta emoción entroideira hai imaxes e actividades que nos quedaron sen ensinar, como por exemplo as dos mandatos do meco ou as do propio VENRES de entroido na escola. Neste último día temos que agradecer a gran participación das familias e destacar o enriquecedora que foi a convivencia coa Escola de Barciela. Durante a mañá desenvolvemos varios obradoiros como: baile, elaboración de colares, cociña de filloas, decoración de antifaces e maquillaxe facial.
A verdade e que celebrar o entroido permítenos coñecer a nosa propia cultura, descubrir as celebracions da contorna e a sua función social, pero tamén traballar a prol da creatividade, a coordinación manual, as emocions, o coidado do medio optando por materiais non contaminantes, a alimentación… entre outros.
De novo, gracias familias por facelo posible, repetiremos con mellor tempo! Velaqui as imaxes, poñemos fin o entroido 2024!
Ningún comentario:
Publicar un comentario