23 de feb. de 2024

NOVA VISITA A BIBLIOCRA



Hoxe puidemos desfrutar dunha xornada na BiblioCRA, do seu espazo e os seus recursos. 
As actividades que realizamos foron: 
- Diálogo e reflexión sobre normas da BIBLIOCRA, elaborando logo unha delas en papel co debuxo correspondiente.

- Obradoiro de creación con lapis 3D en CRAcreando #Poloscreativos

- Xogos de mesa 

- Xogo constructivo con legos en CRAcreando #Poloscreativos

- Desfrute de libros e contos empregando os marcadores de lugar para cumplir coa organización. 

- Arte con imaxes de natureza, aproveitando para dialogar e reflexionar sobre elas, os seus coidados, boas e malas prácticas...  

- Creación de carnés axudantes de Brincacontos. Xa somos BiblioteCRArios.

- Dramatización como axudantes de Brincacontos, aprendendo a prestar e devolver libros.
- E rematamos a xornada coa plantación das sementes de Rosalía porque descubrimos que  esta autora era Unha fiel defensora da natureza e que lle encantaban as flores e plantas. Pois agora tócanos pór en práctica os nosos coñecementos sobre os bos cuidados coa natureza coidando as nosas plantiñas. 







 




















































Ningún comentario:

Publicar un comentario