3 de abr. de 2020

QUÉDATE NA CASA: 13 proposta

Chega o momento de cubrir no calendario o día de hoxe, que é venres 3 de Abril, adicado ao planeta Venus.

Lúa segue a encher. Imaxinade  a metade da lúa: se queredes que se encha moi rápido podedes pintala e facerlle a metade que lle falta. Agora xa está redondaPara que volva ser de novo só media lúa, ou esperades a que  mingüe na realidade, ou con moito coidado a recortades polo medio e quedaríanvos dúas partes iguais. A Lúa e outras moitas realidades ten unha característica chamada simetríaNa  natureza topámonos cunha morea de formas simétricas. Pensade nas bolboretasdecatádevos de como as súas asas son idénticas, unha é a  réplica da outra. 

Lembrades un xogo da escola, feito de madeira pintada de cor rosa e que está composto de metades da mesma figura e, ao xuntalas, aparece un obxecto enteiro? É certo que, en ocasións, unides pezas diferentes que no son parellas e conseguides formas novas, creativas e simpáticas.

Hoxe a proposta que imos facer trata de simetrías. Desfrutade con ela. 

O blog da escola estase a encher, como a Lúa, coa vosa participación e nós sentímonos moi felices de ver o ben que estades levando esta situación estraña que estamos a vivir. Desde as nosas casas abertas mandámosvos ás vosas casas abertas unha aperta  simétrica.

Podedes coidar unha palabra durante as vacacións? Escollede a que queirades:

Amizade. Bolboreta. Camiño. Chocolate. Dinosauro. Eu. Familia. Golfiño. Horta. Irmá. Lúa. Mar. Nai. Ñu. Ouro. Paxaro. Querer. Ribeiro. Sol. Tartaruga. Universo.  Venres. Xente. Zas.

XOGAR É UNHA ACTIVIDADE IMPRESCINDIBLE PARA A VIDA.



Ningún comentario:

Publicar un comentario