20 de abr. de 2020

AUDICIÓN E LINGUAXE: SEMANA 20-24 ABRIL


Bos días nenos e nenas, esta semana déixovos dous retos:

1-         Un vídeo no que deberedes estar moi atentos para poder ir repetindo todas as palabras que vos van dicindo. Picade na imaxe.
aa



2-         Xogamos aos dados, déixovos un enlace para facer 3 dados, en cada dado podedes facer debuxos de diferentes cousas, por exemplo:

* accións: correr, comer, beber...

* obxectos: mesa, pelota, peite…

* persoas: avó, neno, bombeiro…

            Despois tirádelos á vez e formades historias, coas tres imaxes que vos saian na parte de arriba de cada dado.



Exemplo:
BOA SEMANA!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario