14 de abr. de 2020

QUÉDATE na TÚA CASA: 14 proposta

Abril : contos mil avanza cargado de historias. Hai unha chea de contistas no Ribeiro. Sabemos que o público que escoitou os contos contados por vós quedou marabillado.

Non sei se alguén madruga moito ou se queda ata tarde para ver saír a Lúa e comprobar o seu estado. Quen teña esa experiencia saberá que durante este mes foi impresionante observar cando estaba chea. E neste intre fáltalle un anaco grande. É posible que algún animal andara a matinar A que sabe a Lúa?

Lembramos de quen foi a idea de probar un anaco da Lúa para coñecer ,o seu sabor? 
- Si, adiviñáchedelo, foi idea da tartaruga ou sapoconcho.

Tamén sabedes que a tartaruga despois de subir á montaña máis alta, non era quen de tocar a Lúa.  E decidiu  chamar polo elefante para que lle axudara. A Lúa, que pensaba que se trataba dun xogo e a medida que o elefante se achegabaía afastándose un pouco. Logo chamou pola xirafa, pola cebra, polo leónpolo raposo, polo mono e polo rato quen, dunha chanchada, arrincou. un anaquiño de Lúa. Saboreuno compracido, e logo foi dándolle un bocado ao MONO, ao RAPOSO, ao LEÓN, á CEBRA, á XIRAFA, ao ELEFANTE e a TARTARUGA. E a Lúa sóubolles ao seu sabor preferido. 

Cando contamos este conto de Michael Grejniec na escola, sempre pechamos os ollos e imaxinamos o noso sabor  favorito.

Agora xa podedes  dicir a que vos sabe a Lúa. Podería haber 25 sabores ou 24ou 23 ou 22 ou 21 ou 20, ou 19 ou 18 ou 17 ou 16 ou 15 ou 14 ou 13 ou 12 ou11 ou 10 ou ou 8 ou 7 ou 6 ou 5 ou ou ou 2 ou 1. Sabedes a razón desta variación na escolla? Poderá tratarse dunha repetición ?

Outra pregunta: botáronlle unha man á tartaruga Valeria, Leire, Isaac e Ariana? Se a resposta é positiva, por que lle axudaron?
Para botar a sortes nos vosos xogos caseiros, dentro e fóra da casa, podedes usa esta cantarela:       
                       
LEVITA LEVITÓN,
TRES PITAS E UN CAPÓN.
O CAPÓN ESTABA MORTO
E AS GALIÑAS NO HORTO.
TRIS,TRAS,
CABALEIRO
FÓRA ESTÁS.





Proposta creativa do día: animadevos a facer os animais?
Esperamos ás vosas obras de arte!!











Ningún comentario:

Publicar un comentario