2 de abr. de 2020

QUÉDATE NA CASA:12p proposta

De novo a media lúa pasea na noite pecha. Neste intre está medrando. Se hai sorte e non veñen moitas nubes poderemos mirala chea o vindeiro xoves 23 de abril, Día do Libro.

Seguimos  na primavera. Hai días que vos queriamos comentar algo. Se tendes preto unha árbore ou arbusto de folla caduca que estea agromando prestádelle atención todos os días e comprobaredes como vai medrando. Podedes tamén facer doutro xeito, observar outra árbore ou arbusto que tamén estea a agromar, gardades a imaxe na caixiña da memoria e, pasado un pouco de tempo, 13 ou máis días, volvédelo mirar. Comparade as dúas experiencias, son moi diferentes e interesantes. Cal vos sorprenderá máis?

      Desfrutade deste poema que Xosé María Álvarez Blázquez escribiu para a súa filla Colorín :

O AÑO PITAÑO
VAI NO PARAÑO.
A CABUXA LUXA
MARCHOU ONDA A BRUXA.
O GATO CEGATO
FUXIU AO BURATO.

O COELLO VELLO
ANDA NO CORTELLO.
O RATO RALO
RUBIUSE NO VALO,
I A GALIÑA TIÑA
ESTÁ NA COCIÑA.

ANDA NENIÑA,
IXAOS ESTAR,
E IMOS BRINCAR
COAS CUNCHAS DO MAR.


Facemos o noso colorín, o arco da vella nun frasco.







Ningún comentario:

Publicar un comentario