No xardin de Luna hai un magnolio moi grande. Xa hai un mes que duas rulas están a facer un niño, e mirade que chulo lles quedou.
Está feito con pauciños de arbóres e prantas que as rulas traen voando no seu piteiro.
E moi difícil facerlle fotos porque se asustan e marchan. Pero estés días a femia, está chocando os ovos, e está moi quietiña. Podedes ver as plumas da cola entre as ponlas?
O macho encargase de seguir traendo paus para facer o niño mais grande. Tamén conseguín facerlle unha foto.
E nas vosas arbóres tamén hai algún niño de paxaro?
Ningún comentario:
Publicar un comentario