26 de nov. de 2025

VISITA CAFÉ MODERNO

 Visitamos o café moderno de Pontevedra para desfrutar dunha exposición de fotografía co obxecto de introducir a fotografía como arte e forma de expresión dun xeito motivador. Foi interesante tamén que nos explicaran as “cámaras trampa” e a camuflaxe que realizan os fotógrafos protagonistas desta exposición. 

Ademáis foi unha moi boa oportunidade para estar en contacto cos museos, o seu concepto e as suas normas de funcionamento. 

En duas quendas observamos a exposición cunha visita guiada e realizamos un obradoiro de xabón, tamén houbo tempo para reflexionar sobre o coidado do medio, a reciclaxe, sostibilidade, coidado de animáis e incluso conceptos como a extinción. 

Tentaremos continuar esta motivación cara ou tras propostas como por exemplo a estimulación da linguaxe oral partindo dunha imaxe. 

Aproveitamos a saída para reivindicar polo 25N cunha cunha xuntanza entre escolas na praza dos músicos. 



























Ningún comentario:

Publicar un comentario