4 de nov. de 2025

OBRADOIROS OUTUBRO

A continuación deixamos a documentación dos obradoiros realizados no mes de outubro aproveitando o apoio de profesorado e o traballo en pequeño grupo. 

En canto a LOXICA-MATEMÁTICA centrámonos na clasificación atendendo a diferentes atributos e o conteo e recoñecemento da tira numérica. Estes aspectos requiren dun pensamiento lóxico e grao de abstracción complexo polo que o obradoiro debe ser repetido no tempo para colaborar a súa interiorización. Ademais centrámonos nos experimentos e en xeral o proceso experimental e todas as habilidades que inclúe, aproveitamos así para avanzar no desenvolvemento do proxecto anual que centra o itinerario nos pigmentos naturais. 

En canto a LECTOESCRITURA foi traballada dende o eido sensorial e en relación aos experimentos ofrecendo así relación entre ambas áreas cun aprendizaxe globalizado. Non nos esquecemos de en cada actividade deixar espazo para a creatividade, iniciativa persoal e liberdade. 






Ningún comentario:

Publicar un comentario