Hoxe en relación ao outono e os seus elementos presentamos os fungos. Para iso partimos do libro Reino fungui achegándonos así aos libros informativos. Gracias a él descubrimos as súas partes, algunhas das súas funcións como a transmisión de información entre árbores, as súas diferentes formas de presentación….
Para poder adquirir esta información de xeito máis significativo acompañamos o libro de varias propostas:
- Observación co microscopio dun champiñón identificando as súas partes.
- Experimento, deixamos unha cebola nun recipiente para ir observando a súa evolución e a aparición de fungos tal e como tamén se recolle no libro.
- Identificación de fungos que empregamos na cociña (cogumelos, champiñóns, levadura…)
- Elaboración dunha receita, revolto de champiñóns para degustalos nunha merenda de outono saudable. Traballando sobre a autonomía. Aproveitamos para escribirla fomentando o achegamento da lectoescritura con vocabulario próximo e significativo.
- Creación artística de fungos, traballando habilidades de psicomotricidade fina co modelado e creatividade.
- Nestes días buscaremos fungos polo patio dando continuidade a esta proposta.
Unha experiencia moi completa






Ningún comentario:
Publicar un comentario