26 de nov. de 2025

25N ☂️💜

 Ao longo de toda a semana traballamos na aula para elaborar o noso paraugas reivindicativo polo día contra a violencia de xénero. 

En primeiro lugar abordouse o significado de violencia de xénero a través de moito diálogo estimulado polo libro “Maruxa” o cal ilustra unha parte de violencia moi visible que a través das tareas do fogar e a desigualdade no tempo de ocio así como na linguaxe que emprega na convivencia. 

Así mesmo traballouse o concepto gracias a música (unha arte en sí mesma) con composicións que abordan directamente a temática con artistas como Tanxugueiras, Rozalen, A banda da loba ou Fillas de Casandra.

Logo da reflexión anotamos por unha banda palabras que nos coidan e que rompen coa violencia e por outro aquelas que son violencia en sí mesma e que polo tanto non se poden permitir. 

No obradoiro de linguaxe e lectoescritura escribimos esta palabras en 3 estacións: palabras que coidan- palabras violentas- fotografía e dramatización. Desde xeito traballamos a lectoescritura partindo dunha situación real e con futura aplicación significativa o que favorece a motivación. 

Incidimos na combinación de varias linguaxes para comunicar: linguaxe escrita, imaxe (fotografía), lingua de signos (representando palabras como “gracias” ou “lo siento”) e pictogramas como apoio visual, reflexionando sobre a importancia de que a información chegue a todas as persoas. 

O propio alumnado foi quen decidiu as palabras, elaborou e mesmo fotografiou aos compañeir@s co obxecto de facer o traballo autónomo e iniciándose na fotografía como parte do proxecto anual CRArte. 

Por último expuxemos o traballo nos paraguas na escola e en Pontevedra converténdose así nunha actividade de aprendizaxe e servizo, acompañámolo con frases como: VILABOA SEN VIOLENCIA ou QUEREMOS IGUALDADE. 






























































Ningún comentario:

Publicar un comentario