30 de abr. de 2025

Instalación maio!

 Hoxe na nosa escola os nenos e nenas atopàronse cunha instalación con diversas propostas relacionadas cunha das nosas tradicións favoritas como è o Maio. Puideron facer propostas artísticas de pintura con flores, facer floreiros, mesas de experimentacións cheas de auga con fiunchos e pampullos ( observando as cores das que quedaba a auga despois de manipulalas, así como o seu cheiro) tamèn había actividades de sombras con flores, así como taller de colares e coroas de flores, entre outras.




























































Ningún comentario:

Publicar un comentario