11 de abr. de 2025

DOCUMENTACIÓN 2ºTRIMESTRE

Chegou o final deste segundo trimestre e como cada vez o alumnado ten que levar a casa unha parte dos “traballiños” elaborados. Nós somos moi conscientes da importancia que teñen para eles e elas estas producións, son froito do esforzo, de experiencias, vivencias e aprendizaxes. Valoralo produce neles unha resposta de satisfacción cos logros conseguidos, mellora a autoimaxe e autoestima. 

Por esta razón e por que agora estamos moi familiarizados cos MUSEOS…. nesta ocasión as obras foron EXPOSTAS no baixo para desfrutar delas, unha proposta para unir ALUMNADO-FAMILIA-ESCOLA.

Aproveitamos así tamén para explicarvos un pouco a metodoloxía de traballo, a razón das actividades, os diferentes ritmos de aprendizaxe e a variedade de intereses e capacidades da aula. 


Gracias pola colaboracion, esperamos que desfrutásedes!

































 









Ningún comentario:

Publicar un comentario