Hoxe comezamos a plantar na nosa Horta varias Herbas aromáticas como foron o cilantro( coandro), a Ruda, alfàbega, melisa....coa axuda de Paula a dona da floristería Papoula( San Adrián)e aprendimos os usos e os beneficios dalgunha delas, relacionándoas con noso proyecto anual "Mens sans in corpore sans". Tamèn plantamos patacas e aprendimos moito deste tubérculo: a súa orixe ( situando América no mapa), os seus beneficios, formas de cociñala e ata que os galegos antes da chegada da pataca utilizàbamos as castañas.
Mañá seguiremos ampliando a nosa plantación con tomates e pementos.


















Ningún comentario:
Publicar un comentario