Estamos a piques de despedirnos de Mariña, esperamos que ela desfrutase do seu practicum tanto como nos da sua axuda e compañía.
Durante este tempo, estivo desenvolvendo na aula unha serie de propostas do seu traballo de fin de grado que combinan arte e lectoescritura, velaquí deixamos algún exemplo de este enfoque motivador ao mesmo tempo que respectuoso cos diferentes ritmos de aprendizaje. Ademáis ultilizou como fio conductor o poemario de Tinta de luz de Pepe Cacamo e Berta Cácamo, presoeiros moi ligados a nosa escola. Gracias Mariña por ensinar a nenos, nenas e profes ♥️.
- Elaboración de papel reciclado
- Creación dun recuncho na aula con material manipulativo e sensorial (trazos, cores, papeis…)
- Obradoiros inspirados en dous poemas nos que: escoitar o recitado, descubrir verbas “ocultas” do poema, descifrar códigos, representar gráficamente o poema, inventar palabras novas (como o nome das cores)…. Co cal traballou de forma simultánea con: mestura de cores, realización de hipoteses, retos de psicomotricidade fina, control motriz, expresión oral, belleza artística, conteo e matemáticas….
- O nome e as nosas iniciáis: busca das nosas letras pola aula,asociación nome-grafía, pintura, uso significativo do papel reciclado….
- E Ainda nos queda o peche final.















Ningún comentario:
Publicar un comentario