Hoxe foi o aniversario de Nayara e a súa nai decidiu compartir o tempo connosco para celebralo. Creamos na aula un espazo de perruquería con varias estacións e actividades, como por exemplo:
- Recepción, sala de espera, listado de citas e caixa.
- Lavado e tintes, decidindo a cor.
- Secado
- Peiteado
- Maquillaxe
- Manicura e coidado das mans con crema
- Microscopio: investigación observando pelos reais, as súas partes, o crecemento…
- Grafismo de tipos de pelo….
Grazas por esta idea xenial que encaixa perfectamente co proxecto deste cuero sobre o corpo e a saúde “MENS SANA IN CORPORE SANO”, investigando e adquirindo hábitos de coidado persoal. Ademáis foi unha actividade marabillosa para poder dar espazo a identidade de cada un, as eleccions persoais e ao gusto sobre a estética así como para romper estereotipos de xénero gracias a un xogo de rol. Co éxito da actividade o propio alumnado decidiu que quere dar continuidade a este espazo deixándoo na aula como xogo simbólico.
Tamén merendamos, incorporando unha nova conserva para tosta salgada, demos as voltas ó sol e papamos tarta!

























































































































Ningún comentario:
Publicar un comentario