Conmemoramos o Día de Rosalía, 23 de febreiro cunha actividade deseñada e organizada polas mestras Nuria e Mariña. Todas elas contribuiron a achegarnos a figura de Rosalía, a nosa lingua, ao xénero da poesía e ao arte en todos os sentidos sen esquecernos do vocabulario propio das flores e flora da contorna.
En primero lugar presentáronnos a autora, logo leemos un anaquiño do seu poema que nos permitiu comprobar que o seu gusto polas flores servíalle de inspiración.
Despois en equipos realizamos un obradoiro con arxila e estampación de flores secas e outro de representación de flores libre, servindo as flores de Rosalía de inspiración. Con todas elas creamos un mural en equipo. Queda pendente o xardín exterior de Rosalía para cando o tempo acompañe.
Graciñas Nuria e Mariña!


























Ningún comentario:
Publicar un comentario