Gracias ao museo puidemos convivir, relacionarnos, e interaccionar ao mesmo tempo que lle demos espazo ao arte e a propostas que tiñan como eixe común o corpo e a exploración con el, relacionando así tamén o museo co proxecto anual.
Algúns dos obradoiros realizados, inspirados na obra de Joan Miró e Juan Muñoz foron:
- Modelado do corpo
- Debuxo de siluetas e posturas en acetatos, propias e dos demais. Imitación das posturas co propio corpo.
- Debuxo de siluetas en papel e con pezas soltas, podendo tamén facer comparacións de tamaño.
- Creación con tempera e lá
- Elaboración dun móbil en equipo
- Collage libre para construir corpos e persoas.
- Fotografías no espello
Ademáis visitaron o MUV e o museo físico, incorporando os seis obxectos á colección.
Ningún comentario:
Publicar un comentario