Hoxe tivemos a visita da foodtruck" Galicia sabe Amar" na que desfrutamos de diversos petiscos culinarios elaborados con productos do noso mar.
Previamente e en relación a este tema a semana pasada fixemos unha saída para ver as nosas mariscadoras no seu día a día, e valorar a importancia do seu traballo.
Observamos cómo recollían as ameixas, como as seleccionaban por tamaños, devolvendo ao mar aquelas que non chegan as tallas mínimas, ensinàndonos o respecto pola natureza.
A maiores desfrutamos do xogo na nosa contorna que cada día nos ofrece novas e interesantes oportunidades de aprendizaxe, así como do seu coidado.









































Ningún comentario:
Publicar un comentario