Dende o 24 de outubro (Día das bibliotecas) todo o alumnado dispón na BIBLIOCRA dun marcador que nos axudará a manter a biblioteca ordeada. Estes foron elaborados na escola inspirándonos no proxecto de centro e no vivido nel pero tamén no lema deste año das bibliotecas: unha biblioteca en viñetas.
Foi unha moi boa oportunidade para traballar tamén a parte artística gracias a fotografía, o escenario dos perxonaxes (Galo, galiña e raposo) e a creación de historias pero tamén a linguaxe oral e linguaxe escrita achegándonos o cómic como tipo de texto.
Achegadevos a velos porque cada un ten unha trama diferente, dende unha historia de amor ata un final dramático.
Ningún comentario:
Publicar un comentario