Presentamos a cabaza como froito de outono pero tamén polo importante papel que ten no Samaín como celebración cultural.
Para iso e gracias o material elaborado dende o Equipo de dinamización de lingua galega, préstamos moita atención as cabazas que tiñamos na escola aportadas polas familias. Así puidemos identificar o tipo de cabaza que era e coñecer o nome.
Logo realizamos unha actividade artistica para poñer aínda mais atención nas características de ditas cabazas: cores, formas… Estade atent@s porque estarán presentes nos vindeiros días en exposición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario