5 de out. de 2023

INSTALACIÓN O MILLO

 Motivados pola visita do muiño a escola, comezamos a traballar o millo como producto da nosa contorna. Preparamos unha instalación con propostas de actividades braseándose en todo o proceso de elaboración do pan e inspirándose na canción de pan de millo de Migallas. As actividades foron: 

- Debullar traballando a psicomotricidade fina 

-Moer co morteiro como actividade manual 

- Peneirar con peneiras de diferentes tamaños 

- Esfollar, cosendo os follatos para facer colares 

- Amasar, modelado con millo e mesa sensorial de fariña con útiles de cociña 

- Investigar con libro de información, elementos do millo e microscopio 

- Crear, grafismos creativos en fariña e composicións con millos de cores 

- Pesar, con balanza para comparar

Por último representamos cun debuxo o vivido expresando tamén de xeito oral. 


























































Ningún comentario:

Publicar un comentario