Realizamos un experimento creativo pois aproveitamos a reacción do vinagre e bicarbonato para crear apócemas pero inventando o que podían ser estes ingredientes así como o uso e consecuencia de dita apócema. Algúns dos ingredientes empregados así foron: mexo de bruxa, dentes podres, pantasma raiado, lágrimas de bruxa, auga de balea, sangre de vampiro…. e se polas apócemas fose poderíamos facer aparecer avions, espantar as nubes ou mesmo recoller os plásticos do mar.
Ademais aproveitamos para traballar a psicomotricidade fina e habilidades de vida práctica ao realizar trasvases e manexar útiles como os goteiros ou pequenas culleres medidoras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario