22 de abr. de 2024

XORNADA DE BIBLIOCRA



Hoxe pasamos toda a xornada na BiblioCRA:
Primeiro fixemos dinamización da lectura  en lingua estranxeira e aprendimos a traducir con google lens.
Logo almorzamos  no parque e buscamos as flores dos maios. 
Probamos por primeira vez a radio e xogamos na BiblioCRA e CRAcreando.









































 

15 de abr. de 2024

INCUBACIÓN 🐣

 Comezamos o proceso de incubación despois de que o alumnado lle explicase por iniciativa propia a veciña que na escola había unha incubadora ainda non en funcionamento, así que a veciña trouxonos ovos. 

Falamos e buscamos información sobre o proceso de fecundación, quedándonos claro que precisamos de galiña e galo e que existe ata unha danza de cortexo. 

Logo puxemos a funcionar a incubadora (lendo instrucions entendendo que o achegamento a textos ten que ser de xeito significativo e funcional) explicamos cómo íamos seguir o proceso e o rexistro, así como que hai que mover os ovos duas veces o día (cada 12h) e pola mañá serán eles e elas encargados. E así o fixemos, estamos no día 4. O día 5 é especial porque ponderemos probar os ovos co ovoscopio e descubrir se hai vida. Informaremos! 











O OVO 🥚🐣

 Xa comenzamos co ovo coa receita de ovos recheos antes de rematar o 2º trimestre. Agora volvemos a utilízalo como elemento motivador porque queríamos dar entrada ao que nos quedara pendente da galiña, o ovo e os pitiños por mor do tempo. 

Comezamos presentando unha lámina sacada do libro gallinario, Cunha actividade de filosofía para nen@s. Que será? A que vos recorda? En qué os podemos transformar? Favorecendo a expresión oral, a imaxinacion e creatividade. 

Logo realizamos unha propuesta artística pintando e transformando os nosos ovos, compoñendo unha lámina común, unha obra artística en equipo, e tamén valoramos o resultado final. 

Continuamos con experimento: flota ou non flota?? O que nos le voy a falar dos ovos frescos e de como comprobar se están óptimos para o consumo, moi interesante para aplicar más nosas receitas. 

O ovo por dentro e as suas partes, observamos co microscopio, tocamos, e mesmo construimos. Así introducimos o ciclo de vida e o proceso de incubación de ovos. Foi unha sorpresa cando cortamos o modo ovo de Plastilina!