12 de xuño de 2026

FESTA DA AUGA

A nosa Escola encheuse de risas, xogos e moita unha actividade na que alumnado e familias puideron compartir unha xornada lúdica e refrescante para dar a benvida ao bo tempo.

Ao longo da mañá, realizamos propostas de experimentación, movemento, creatividade e xogo libre. O máis exitoso foi deslizarse polo tobogán de auga pero tamén os disparadores e globos de auga, poñer a proba a súa concentración na zona de pesca e explorar materiais de trasvases, desenvolvendo habilidades motrices e de coordinación.

A creatividade tamén estivo moi presente a través dos batidos de cores, a pintura corporal, a pintura con xeo e moitas experiencias sensoriais que permitiron experimentar con diferentes texturas, temperaturas e formas de expresión artística. Mentres,a proposta de liberar animais do xeo mediante sal achegou aos participantes a un pequeno experimento científico cheo de descubrimentos. O xogo con escuma de afeitar e bloques de construción ou os pomperos, favoreceron a imaxinación, a exploración e a interacción entre iguais. 

Este tipo de xornadas permiten que o xogo libre ocupe un papel protagonista. A través del, os nenos e nenas desenvolven a súa autonomía, creatividade, capacidade para resolver problemas e habilidades sociais, ao tempo que fortalecen vínculos afectivos cos seus compañeiros, compañeiras e familias.

Queremos agradecer a participación e colaboración de todas as familias, que contribuíron a crear un ambiente de convivencia, respecto e alegría. Grazas por compartir connosco unha mañá tan especial. 
























 


Ningún comentario:

Publicar un comentario