Vivimos unha fermosa xornada de convivencia entre o alumnado da Escola de Pousada e de Barciela. Aproveitando o bo tempo, desprazámonos ata a praia para compartir unha mañá diferente, chea de compañeirismo, diversión e aprendizaxe ao aire libre.
A actividade comezou cunha pequena ruta a pé e durante o percorrido, conversaron e coñeceron mellor ao alumnado da outra escola.
Unha vez na praia, dedicamos boa parte da mañá ao xogo libre e á exploración do medio natural. O alumnado participou de maneira espontánea en diferentes actividades, observando os elementos naturais, interactuando coa contorna, desfrutamdo cos seres vivos e compartindo momentos. Mentres recollemos o lixo que íamos atopando, contribuíndo ao coidado e conservación deste espazo natural.
O xogo libre ofrece numerosos beneficios para o desenvolvemento infantil, xa que favorece a creatividade, a autonomía, a toma de decisións e as relacións sociais, permitindo que os nenos e nenas aprendan de forma activa a través da experiencia e da interacción co medio.
Aproveitamos tamén para traballar hábitos de saude neste tipo de actividades, alimentación saudable, protector solar…
A xornada transcorreu nun ambiente moi positivo, marcado polo respecto, a colaboración e as ganas de compartir momentos cos compañeiros e compañeiras de ambas escolas.
Queremos agradecer ás familias a súa colaboración e confianza, que fan posible a realización deste tipo de actividades tan enriquecedoras para o alumnado.
Sen dúbida, foi unha experiencia moi especial que gardaremos con agarimo e que contribúe a fortalecer os lazos entre a Escola de Pousada e Barciela.






Ningún comentario:
Publicar un comentario