Hoxe, como cada día na asamblea colocámonos na alfombra seguindo a posición dos nosos bonecos de asamblea, pero está vez puxèmoslle un accesorio novo, un chapeu ( sombreiro de landra) cada un elexindo o màis apropiado fixàndose nos tamaños, e colocàndoos con moita calma para no tirar os bonecos do resto. Despois, puxemos a traballar a nosa creatividade debuxándoos con moito agarimo.
Pero a aventura non rematou aí! Un compañeiro trouxonos un carballo para plantar no patio do cole, e decidimos darlle un lugar especial no que medrar. Entre todos e todas, escollemos o sitio axeitado, fixemos o burato, plantamos a árbore e sinalizamos o lugar para coidala e protexela como merece.
E, para rematar este día, merendamos ao redor do noso Carballo, compartindo un momento especial con el e sentindo que, desde hoxe, temos unha nova vida que coidar no noso patio.













Ningún comentario:
Publicar un comentario