POUSA-XIM 🤸♀️e FISIOPOUSA👩⚕️
Actualizamos os espazos de xogo para este trimestre na #ᴇsᴄᴏʟᴀᴅᴇᴘᴏᴜsᴀᴅᴀ en relación ao proxecto anual Mens sana in corpore sano que este trimestre ten como obxectivo a promoción da actividade física a prol da saude e benestar.
Inauguramos así POUSA-XIM un ximnasio para o movemento, entrenamento, asistir a clases, estiramentos… pensando en todo detalle como a importancia da hidratación.
E para tratar algunha lesión que poida xurdir FISIOPOUSA, espazo que invita a relaxarse, a calma, ao ioga e ao coidado dun mesmo e os demais.
Primeiro día con pulseiras e aforo completo! Seguiremos incorporándolle novidades!
Ademais realizamos unha actividade de aprendizaxe- servicio é dicir que ten un impacto na comunidade buscando fomentar os hábitos saudables de actividade tamén entre familias e veciñanza. Por iso deseñamos e escribimos a invitación na pantalla dixital, imprimimos, repartimos invitacións aproveitando para traballar tamén a linguaxe oral e acollemos as visitas explicándolle con detalle o funcionamento do noso ximnasio.














































Ningún comentario:
Publicar un comentario