POUSA CHEF 👩🍳🧑🍳 2025
Con motivo do día da Nutrición 28 de maio celebramos a primeira edición de PousaCHEF
Inspirados no coñecido concurso televisivo, as nenas e nenos de 3,4 e 5 anos amosaron as súas habilidades na cociña capitaneados polas familias.
O espírito de PousaChef é implicar aínda ás familias na escola poñendo en valor a nutrición en relación ao proxecto anual MENS SANA IN CORPORE SANO
Partindo do traballo iniciado meses atrás coas aromáticas, os 5 equipos cos seus mandís agrupáronse baixo os nomes das plantas: ourego, menta, albahaca, cilantro e perexil
Elaboraron as súas receitas tras seleccionar os alimentos no supermercado simulado na escola.
Con moito realismo as familias, nenos e mestras pasaron unha xornada gastronómica inesquecible coroada coa proba das elaboracións e a entrega de recoñecementos.








































































































Ningún comentario:
Publicar un comentario