Hoxe despedímonos con moita pena da nosa mestra en prácticas Nuria, foi un pracer traballar ao teu lado. Volve cando queiras, as portas da Escola de Pousada sempre estarán abertas para ti!
Ao longo destas semanas Nuria puxo en práctica varias propostas relacionadas coa lectoescritura ( centrándose na atención e na compresión) a través de varios contos como:
- A vaca que puxo un ovo, conto traballado cunha representación de sombras chinescas moi atractiva. Logo estivemos coñecendo as partes que ten un conto: portada, contraportada, lomo, garda, pàxina de información, corpo a través dunha actividade. E posteriormente rematamos coa decoración libre dunha serie de ovos.
- Tamèn traballamos contos clàsicos como Os tres porquiños nos que os nenos despois da lectura tiñan que ordenar a secuencia de imaxes do conto de forma ordenada.
- Así coma o libro do O Rabaño cun desplegable feito por ela mesma no que os nenos e nenas traballaban o conteo e a rima na poesía de forma moi divertida.
- E o último conto traballado foi A galiña azul ( no que utilizou a técnica de Gianni Rodari para inventar entre todos outra historia). Os nenos e nenas fixeron a portada, a contraportada e o corpo do libro ( coas frases e os debuxos) con papel reciclado que elaboraron anteriormente nun taller.








































Ningún comentario:
Publicar un comentario