24 de maio de 2020

FICAMOS na CASA: 6 semana

Outra volta estamos chegando ao final da folla do calendario. Quen o estea,,, a facer decatarase de que estamos rematando  Maio florido.

Lembrades os chuchameles, as vinagreiras e as cores das flores dos paseos?

Sabiades que as flores teñen pole nos seus estames e que  para reproducirse precisan que lles boten unha man os paxaros, as abellas, as bolboretas e outros insectos, ademais  da auga e o vento? 

Se observades as flores, comprobaredes que teñen cores moi vivas. Os insectos, atraídos pola intensidade da cor da flor, van onda  ela para chuchar o néctar, alimento doce; nos seus corpos queda pegado  o pole e vano  a outra flor, axudándolle así a súa reprodución. Tamén o vento leva polo aire o pole e axuda á propagación das especies.

Podedes mirar o enlace que hai no blog do Día Mundial das Abellas -20 de Maio- para comprobar o necesarias que son para o ciclo da vida. 

Agora podemos desfrutar da textura das flores: da suavidade das pétalas dos botóns de ouro ou da aspereza das flores do cardo. Non esquezades que para sentir plenamente co tacto é preferible manter os ollos pechados, pois a sensación é mais intensa. Pero abriremos os ollos para percibir o  arco cromático do universo das flores e as súas singulares e variadas formas.

Pensades que hai plantas con flor que non precisan terra para vivir e que nacen no aire? E plantas con flores que nacen e se reproducen na auga? E nas rochas, nos muros, nos areais...haberá ou non plantas con flor? A avea e o orxo son gramíneas?

Para saber máis: 

A botánica Mary Agnes Chase (1989-1963) está considerada como a mellor Agrostóloga (experta en gramíneas) do mundo. Escribiu e ilustrou un primeiro  libro sobre  gramíneas onde explica para principiantes a  súa estruturaMary chamou gramínea á  planta que suxeitao chan e descubriu que gramíneas eran mellores para alimentar o gando. Identificou milleirosde especies de gramíneas por todo o mundo. A súa casa de Washintong D. C., chamada Casa Contenta, converteuse nun lugar para a formación das botánicas latinoamericanas.

O botánico sueco Carlos Linneo legounos un sistema para nomear as especies, que aínda está en uso, despois de 300 anos do seu nacemento.

Pensamento de Mari Curie: conéctate cunha persoa adicada á ciencia, e estaraste a conectar cunha crianza.






Ningún comentario:

Publicar un comentario