A Lúa encheuse de novo e adormeceu tapada cun edredón de cadradiños azuis.Imos da man de Maio paseando entre bechos, flores e árbores . Neste tempo, a natureza enche a casa de cor.
Esta semana achegarémonos ao universo das árbores para saber algo máis da súa vida. Se as medimos arredor saberemos que aproximadamente 2´5 centímetros equivalen a un ano de vida. Hai excepcións, posto que algunhas medran con máis ou menos rapidez.
Animádevos a medir a nosa araucaria? Cantos anos pensades que ten? Non esquezades levar con vós a fita métrica. Podedes comparar a medida da maceira, da laranxeira, do loureiro, da photinia, das moreiras ( medirán o mesmo as dúas ?),da camelia, da tulla.......das vosas árbores.
Sabiades que a maior parte de Galiza e de Europa chegou a estar cuberta por bosques? Ao longo de milleiros de anos a intervención humana sobre o territorio mudou profundamente a paisaxe.
ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), na edición dun calendario do ano 2004 sobre as nosas árbores, vincula a natureza e a lingua no seguinte texto:
“A diversidade cultural e lingüística son elementos da diversidade da vida no noso planeta. Galiza enriquece o patrimonio da Humanidade coa achega da súa cultura e linguas propias. Manter vivo o galego na nosa terra, como conservar os nosos bosques e a nosa natureza en xeral, é unha obriga e unha responsabilidade colectiva e individual de todas e todos nós.”
A defensa dos bosques autóctonos é necesaria para manter a diversidade no planeta. Imaxinades que toda a humanidade mirara as mesmas paisaxes? Que todo fora igual? Lembrades o que nos contou Berto sobre o coidado das árbores e as especies invasoras que poñen en perigo as especies propias dun territorio?
Ademais das árbores que debemos coidar hai outro tesouro, que forma parte denós e que temos que protexer, que é a lingua. Esta reflicte a maneira de relacionarnos coa terra e coa xente e enriquece a diversidade cultural. A nosa realidade, a de cada quen, é única, a diversidade é algo natural mentres que, en palabras do profesor Ferro Ruibal ,”a uniformidade non é unha tendencia natural senón un artificio que se mantén só durante algún tempo.”
Nós imos xogar en parellas coas palabras da nosa lingua e coas árbores de Patureza.
Se queredes, podédelas gardar na caixa da memoria e recitalas coma as coplas dos maios para enriquecer a vosa vida e, polo tanto, a de toda a comunidade da que formamos parte.
DESFRUTADE DOS PASEOS POLA NATUREZA.
PARABÉNS POLO VOSO COMPROMISO NA EDUCACIÓN DAS VOSAS FILLAS E FILLOS.
ÁRBORES EMPARELLADAS
DA NOSA GRAN ARAUCARIA
COIDAN SEMPRE OLMO E ARIA.
SON DÚAS: lEIRE E VALERIA
AS QUE MIMAN A CAMELIA.
DOUS BONSAIS DE SALGUEIROS
ADORADOS POR IRMÁNS.
ISAAC DA MAN DE ARIANA
MORAS DA MOREIRA COMÍAN
CRISTIAN E XIANA NOITE E DÍA.
CLOE AMA A LARANXEIRA,
BERNARDO E KIKE Á SÚA BEIRA.
LÉVALLE NARA FOLLAS A DARÍO
DA MOREIRA, NON DO RÍO.
A MACEIRA PODA BERTO
CON LEO E SARA MOI PERTO.
PEXEGOS DOS PEXEGUEIROS
XOEL E SAÚL PAPAN ENTEIROS.
AO LOUREIRO DE CHARCAUGA
MARTIÑO E DANI BÓTANLLE AUGA.
LUNA VÉSTESE DE MAGNOLIA
E ARIADNA DA SÚA COLONIA.
PABLO CO SEU AMIGO ANTÓN
LEVAN A TULLA NO CAMIÓN.
E ademáis esta semana dende a dinamización da língua galega animamos os a...
Ningún comentario:
Publicar un comentario