18 de maio de 2020

FICAMOS NA CASA: 5º Semana

A Lúa segue a xogar a desaparecer e a aparecer. Cando viaxamos no coche e chega a noite a Lúa acompáñanos ata chegar ao noso destino. Estes días tamén as nubes xogan a tapar o Sol e podemos xogar ao ves e non o ves. 

Esta semana na que parece que non vai chover, podemos aproveitar un momento da noite e saír ao exterior para contemplación do ceo e descubrir as constelacións. Tentar descubrir ao Xigante Orión, a Casiopea, as Pleiades, a Osa Menor, a Osa Maior, e todas as estrelas e que a vosa mirada alcance.

Sabedes que a Terra é o planeta onde vivimos. Ten un planeta natural que é a Lúa, que orbita ao deu redor. O Sol é a estrela ao redor da que gravita a Terra e a principal fonte da nosa enerxía. Debido ao seu tamaño e distancia respecto da Terra, a Lúa e o Sol son os únicos astros que a simple vista teñen extensión, presentando unha forma que provoca que os vexamos como os obxectos máis brillantes do ceo, en lugar de simples puntos brillantes como vemos os outros astros.

A información anterior procede dunha astrofísica que se chama Ana Ulla, que é a nai de Manolo, un neno que coma vós viviu unha parte da súa infancia no Ribeiro e deixou alí a súa pegada. Ana Ulla viu á escola en distintas ocasións para compartir os seus coñecementos con nós e co seu telescopio puidemos observar os cráteres da Lúa e logo facer un experimento para observar a formación dos mesmos.

O universo está fóra e é observado desde dentro de nós cunha ollada  única que vai conformando a nosa visión do mundo.

A escola é dentro e fóra,  é un lugar onde collemos todas e todos.  Sen a participación e a implicación das familias non sería posible educar ás crianzas.




A Lúa e o Sol son temas tratados na creación poética. Aí tendes un poema que o poeta José Agustín Goiyisolo lle escribiu a súa filla Xulia para que collera o sono:

A BERCEUSE DE XULIA
Os nenos van pola terra
e anenas polo mar.
Polo sono ninguén vai.
Ninguén ninguén ninguén.
Polo soño ninguén.
Os nenos pola ribeira
e as nenas pola auga.
Polo soño nada.
Nada nada nada.
Polo soño nada.
Os nenos van polo Sol
as nenas pola Lúa.
Polo soño Xulia.
Xulia Xulia Xulia.
Polo soño Xulia









Ningún comentario:

Publicar un comentario