3 de mar. de 2017

O TAMAÑO DAS ESTRELAS E PLANETAS

 


Con esta actividade ademáis de aprender sobre as estrelas tentamos alonxar ás crianzas da representación non científica das estrelas mediante unha forma xeométrica , copia da representación adulta e estereotipo de debuxo, co obxectivo de que observen representen por si mesmos e representen atendendo ao seu momento individual de maduración e á realidade que observan.
Os materiais foros elixidos libremente por cada neno e nena.


2 de mar. de 2017

A CASA DAS SORPRESAS

O artista Pepe Cáccamo achegou á Escola esta casa tan particular que nos permitiu descubrir a realidade que agocha no seu interior a través das  súas fiestras. Disfrutamos observando dende distintas posicións e descubrindo os seus mil segredos.



 

OBRADOIRO SENSORIAL: UNIVERSO NA MESA DE LUZ

De novo xogomos coa mesa de luz e os corpos celestes, esta vez dentro do OBRADOIRO MULTISENSORIAL que se realiza os xoves.

OBRADOIRO SENSORIAL DE DEBUXO

A LUZ E A ESCURIDADE.
No obradoiro sensorial vivenciamos unha nova posibilidade:  debuxo na escuridade. 
A pantalla de leds e os rotuladores fluorescentes resultan ser  unha atractiva posibilidade de expresión.




1 de mar. de 2017

O NOSO PLANETA FAVORITO

O CICLO DA VIDA NO RIBEIRO

O mércores ao chegar á escola topamos aboiando na tona da Charcauga un peixiño branco e laranxa ao que Uxía chamou Laranxal.
Non sabíamos o que lle pasara e decidimos enterralo ao pé do Loureiro onde ficaba a merliña do ano pasado.