6 de feb. de 2026

Taller do Galo!


No marco do noso Proxecto CRArte, vivimos unha experiencia moi especial coa participación das familias na elaboración do Meco,  o Galo do Entroido de Cobres.En coherencia cos valores que traballamos da alimentación saudable  decidimos elaborar o meco utilizando materiais naturais, como repolos, pementos, zanahorias e outros alimentos, apostando pola creatividade das nosas familias. O resultado foi un meco Cheo  de significado, froito da arte, da colaboración e o respecto polo natural.

Tamèn estivemos pintando os lazos do Galo de Cobres con materiais naturais que xa utilizamos previamente noutras actividades como a cúrcuma, cafè e remolacha utilizando diferentes técnicas de pintura e estampación.

Moitas grazas familias por implicarvos e  por acompañarnos nesta actividades.


















Ningún comentario:

Publicar un comentario