O alumnado foi rematando o seu traxe de Entroido, destacamos a importancia de que foi un deseño totalmente propio, permitindo a creatividade, liberdade e individualidade.
Destacamos tamén o traballo continuado no tempo, descubrindo que a creación dun producto non é inmediata así como o ambiente de calma en cada obradoiro.
Combinamos a costura coa estampación e tinguido de teas xa traballado.
Para finalizar organizamos o noso traxe, colocámoslle a etiqueta que fora creada no momento inicial con datos como prezo, código de barras e talla, enchemos a bolsa de confeti e rexistramos o deseño nunha folla de rexistro.
O traballo do alumnado foi valorado, respectado e recoñecido e amosábanse moi orgullosos da sua creación.


































Ningún comentario:
Publicar un comentario