Durante estas semanas comezamos a poñer en práctica as esións do programa Planea. Neste caso a sesión 0 que consistiu en:
- Presentamos a brincacontos e as chaves do xogo cubertas e dentro dunha cubrición común. Pintamos o círculo con xiz para sentarse
- Falamos de que podía ser, estimulando a limguaxe oral e creatividade e estimulando o misterio.
- Abrimos o exterior e descubrimos os dous paquetiños dentro. Volvemos falar de que podía ser, sen tocar
- Fixemos outra rolda pasando e tocando. Incluso cheirando, incluimos así a exploración sensorial como fonte de información.
- Abrimos os paquetes pasándonos (cada un abría un anaco pequeno, traballando o autocontrol). Descubrimos o contado sendo elementos motivadores para as futuras sesions.
- Fixemos cubricións, cada un unha, de elementos de entroido para enviar a outras escolas e que se empreguen nos obradoiros, empregando asi o programa como rede de colaboración e comunicación. Estás cubricions foron un reto para a psicomotricidade fina cortando e pegando.















Ningún comentario:
Publicar un comentario