28 de xan. de 2026

ESPAZO ENTROIDO

Inauguramos e comezamos a traballar no espazo ambientado no Entroido de cobres. Na boda metodología consideramos o espazo un condicionante e motivador do proceso de ensinanza e aprendizaxe por iso decidimos distribuir nel dun xeito atractivo todo o material para a elaboración dos disfraces cos que as familias colaborastedes. Ademáis incluimos útiles e ferramentas de costura, máquinas, decoración e información (libro, imaxes, vocabulario, vídeo, propostas…) 

En pequeño grupo comezamos unha primeira inspiración e investigación para o traxe, hai quen decidiu comenzar peobando e mediando, quen se animou cos abalorios, quen decidiu facer un bordado que será posto días despois… o obxectivo é dar moita liberdade ao alumnado en canto a deseño e decisión, acompañar nas tarefas de psicomotricidad e fina e traballar aspectos como a espera, paciencia, traballo tranquilo e mellora continua nun proceso de elaboración que non ten un resultado inmediato. 

Incluimos tamén un resumo do traballado no primeiro trimestre como continuidade así como outras propostas relacionadas e diversas como por exemplo limpiar os zapatos de baile. 

Este primeiro contacto foi moi gratificante cumplindo co obxectivo de crear motivación para o traballo dos vindeiros días. 








































 














Ningún comentario:

Publicar un comentario