12 de xuño de 2025

Saída de fin de curso 📍A Coruña

 Como broche final ao noso PDI anual "Mens sana in corpore sano", gozamos dunha xornada moi especial de CRAvivencia na Coruña. 🌊🌿

Visitamos A Casa do Home 🧠 e o Acuario Finisterrae 🐠, aprendendo, explorando e compartindo momentos inesquecibles nun día cheo de ilusión, aprendizaxes e amizade.

Un peche perfecto para un curso cheo de experiencias. Grazas ás familias por confiar en nós e ao equipo docente por facelo posible! 💙🌟